Páginas

AdSense

Agricultura Ecolóxica: O pH. A acidez da Terra.

Midese mediante o pH (potencial Hidróxeno). O pH é unha escala numérica que indica a acidez do chan (ácidez relativo ó que a todos sonanos como ácedo: Ácedo sulfurico, ácedo nítrico, auga forte -ácedo clorhidrico-, contra o valor contrario, que é a basicidade: lexivia, sosa caustica... ambos exemplos supoñen os extremos.) Como se ve, a alcalinidade e a ácidez extrema causan dano e queimaduras.
O pH midese nun rango que vai do 1 ó 14, onde o 1 sería o mais ácedo e o 14 o mais alcalino. O punto neutro atoparíase nun valor de 7.
A medición precisa do pH levase a cabo mediante formulas e procedementos químicos que se nos escapan, pero para quen teña a curiosidade, atopará nas páxinas de química ou en manuais físicos os procedementos para coñecer en fondura cales son os procedementos que se empregan para sua determiñación.
A importancia da ácidez do chan ven determiñada porque esta condiciona a solubilidade de algúns dos elementos nutritivos que as plantas toman, como poden ser o calcio, o magnesio, o ferro ou o zinc...




Para determiñar a calidade do chan, podense empregar os mais sofisticados sistemas: Dende o envio de mostras a laboratorio, ata o emprego de caros sistemas de medición por medio de sondas (pHimetros), pero para unha primeira aproximación ó tema podemos fixarnos nos seguintes datos:
.- Os chans  ricos en materia orgánica solen ser ácedos, polo que si tomamos un puñado de terra humeda e apretamola na man e conquerimos que se faga un turullo de uns centimetros de longo estaremos ante unha terra áceda.
.- Como queira que os chans ácedos son antagónicos dos calcareos, podemos facer a proba do vinagre (ph3-4): Nun recipiente colocanse unhas culleradas de terra, e logo votaselle en riba un bo chorro de vinagre. Cantas mais burbullas saian, mais reacción está a haber coa caliza, polo tanto estaremos ante un chan básico, si pola contra non hai burbulla ningunha, o chan será ácedo.
.- O mítico test do papel tornasol será o seguinte metodo de analise para verificar a acidez do noso chan, ainda que os resultados que proporcionan son mais ben orientativos.



As causas da acidificación do chan son por unha parte intrinsecas ó lugar de cultivo, pero ademais, existen varias propias da química e manexo da plantación:
.- Ca, Mg, Na, K son lavadas por maior precipitación que evaporación, aumentando os niveis de H+.
.- Pérdida da capa labrable por erosión.
.- Extracción de nutrentes en sistemas de cultivo intensivo.
.- Efecto residual ácido de fertilizantes nitroxenados amoniacais.
.- Manexo inadecuado del encalado.
.- Deforestación e habilitación para o cultivo de chans ácedos.
.- Escaso uso de técnicas de diagnóstico da fertilidade dos chans
.- Caracter acidificante de algunhas sustancias orgáncias presentes no chan (restos organicos con alta relación C/N, por exemplo coniferas.
.- Deposición atmosférica de dioxido de xofre (SO2), oidos de nitróxeno (NOX) e amoniaco, procedentes de queimas de combustibles fósiles ou sobrefertilización.

Para a corrección da acidez do chan, debense aportar, de xeito moderado e progresivo, ata atopar gradual disminución de sintomas enmendas calizas.
Debemos sempre valorar que os aportes que fagamos ós cultivos sexan recursos renovables: Por exemplo, as terras diatomeas son un recurso finito, ainda que nos solventen problemas de acedificación e aparenten existir en abundancia.





Non debese esquecer manter un ecosistema soberbio no chan para equilibrar e dixerir os desaxustes, así como para facelo funcionar como efecto tampón.

Por outra banda, compre realizar labores culturais con vexetais adaptados a cada tipo de chan de tal maneira que a actividade de manipulación e aportación de materiais exóxenos, sexa o menor posible. Eiquí unha taboa de vexetais tolerantes á acidez.






Bibliografía:
Guía Practica del Jardín Sostenible. (Compo)
Marihuana: Horticultura del Cannabis. Jorge Cervantes I.S.B.N-13: 978-1-878823-24-3
Informaciones Agronómicas nº 36
http://gl.wikipedia.org/wiki/Solo
http://gl.wikipedia.org/wiki/Humus
http://es.wikipedia.org/wiki/Compost
Integral Extra Monográfico Nº 1: Volver a la Tierra.
El huerto urbano. Josep María Vallés. I.S.B.N: 978-84-7628-507-7
http://gl.wikipedia.org/wiki/Edafoloxía
http://www.traxco.es/pages/posts/influencia-del-ph-en-los-sistemas-de-cultivo185.php
http://www.miliarium.com/prontuario/MedioAmbiente/Suelos/AcidificacionSuelos.htm
Ing Javier Ávila Vera, PDF en www.mag.go.cr/bibioteca_virtual_ciencia/acidez_suelo.pdf




No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...