Páginas

AdSense

Agricultura Ecológica: El Compost


¿Alimentar as plantas ou alimentar a terra?
Somente rematando co concepto simplista de que o chan é o lugar onde as plantas anclan as suas raices e posible achegarse, xa non só á agroecoloxía, senon a unha visión ampla e completa do entrono onde vivimos.
Impusose co tempo, sin saber como nin por qué, que o invisible non existe, e para que algo goce de unha existencia plena debe ser visibilizado por todos os medios posibles. Así, o concepto Deus, goza de gran popularidade e considerase un feito certo, a base de presentalo e amosalo dos mais diversos xeitos iconográficos, manifestacións de culto etc etc, a pesares de non haber nada que documente tal existencia; e nos termos que nos ocupa, o chan, non é mais que materia inerte que non vale mais que para anclar os vexetais para que non os leve o vento.
compostSegún esta teoría, sementar no chan ou en la de rocha, ou en fibra de coco sería o mesmo. O medio está morto e debese engadir o nutrinte adecuado (fabricado pola compañía adecuada) para alimentar as plantas.
Pois non é certo. O chan é o ecosistema de recollida e reciclaxe de materia orgánica, ten vida animal, vexetal e fúnxica (os tres reinos) e sin esta vida, este eslabón da cadea, a mesma esencia do noso existir estaría comprometido.
Obviamente esta política de invisibilidade está propiciada por axentes que se enriquecen da nosa ignorancia. Fertilizando e cuidando o cultivo quimicamente, rematamos coa vida de un ecosistema autoregulado e caimos na man dun mercado regulado, de xeito exclusivo por intereses económicos.
Nutramos o han pois, fagamolo mais poboado...e veremos como as plantas non necesitan mais axuda que a da luz e o ar para medrar e darnos sustento.

Abonos e Fertilizantes
Fertilizar o chan consiste en melloralo para facelo mais rico, ou aportarlle sustancias asimilables polas plantas para aumentar seu desarrollo.
Os fertilizantes son abonos en forma líquida, mentras que os abonos son aportes sólidos.
composteraOs elementos nutritivos, ademais, existen baixo duas formas: Orgánica ou mineral. As plantas absorben as sutancias que necesitan na sua forma mineral, polo que os abonos químicos poden ser asimilados directanente, mentras que os orgánicos deben pasar por un proceso de descomposición e mineralización antes de ser asimilados.
Os abonos orgánicos permiten poñer os nutrintes de forma progresiva, e deben ser aplicados ben maduros, xa que o proceso de descomposición consyme nitróxeno, que non quedaría ó dispor das plantas.

Abonos orgánicos: Proceden de sustancias de desfeito de resto de animais ou outras plantas. (fariña de peixe, vituras e serrín...)
Abonos minerais: Son sustancias de orixe quimico e están compsotos de varios elementos xa combinados
Abonos orgánicos-minerais: Combinan a velocidade dos minerais xunto coa liberación lenta dos orgánicos.
En termos ecolóxicos, a aplicación en si dos abonos orgánicos non son mais sostibles que os minerais, senon o seu xeito de aplicación. Existen abonos minerais de liberación lenta que permiten unha dosificación adecuada do alimento, mentras que unha aplicación excesiva de abonos orgánicos pode producir lixiviación e contaminación das augas.

O Compost
O compost é o producto obtido da descomposición natural de restos biodegradables.. É o medio mais rápido e eficaz de producir humus. (O humus é a sustancia composta por certos productos orgánicos, de natureza coloidal, que provén da descomposición dos restos orgánicos (fungos e bacterias), Caracterizase pola sua cor negruzca debida á gran cantidade de carbono que contén. Atopase principalmente nas partes altas dos chans con actividade orgánica)

En condicións favorables a materia orgánica apilada disgregase grazas a intervención de microorganismos e organismos vivos (vermes, insectos,..) que absorben sustancias orgánicas e trocanas en un chan rico en nutrintes.
composteraEstas reaccións necesitan osixeno e desprende calor. A temperatura no centro do monte de materia orgánica pode chegar ós 70ºC no momento mais álxido do proceso, para descender a medida que o combustible que son os desfeitos, acabanse.
Unha pila de compost comporase de todo tipo de materias vexetais tanto secas como verdes, follas mortas, codias de arbores, cascas de ovo, pousos de café, papel de cociña, restos de sega, tecidos naturais....
Non debemos incorporar á nosa pilla vexetais enfermos, restos de carne ou peixe que poideran atraeer ós animais ou producir cheiros desagradables, excrementos de animais domésticos que poderían ter parásitos, malas ervas con sementes, plásticos, metais, pedras, tecidos sintéticos, papeles impresos (por culpa da composición das tintas)
A pilla de compost comprelle o compromiso entre humedade e aireación. As bacterias anaerobias producirían malos cheiros, polo que é boa idea voltalo cada 6 semanas aproximadamente, Por outra banda si está enchoupado en auga non se conquerirá a dixestión de xeito adecuado, e pola contra si está demasiado seco, as bacterias morren.
A composteira debe estar ubicada en un lugar umbrío o resgardo dos ventos fortes, para preservar a unha humedade adecuada.
A partires dos tres meses, dependendo da época do ano, teremos maduro noso compost, Resulará un material relativamente seco, desmenuzable e con cheiro a terra de monte.
Este material aportarase superficialmente na zoa de cultivo e recomendase unha aportación de uns 50kg tres veces ó ano para cada 100 m2.
Todo aquello que se recolla na eira que non sexan froitos e esté exento de enfermedades debe aportarse de novo ó chan, ou ben mediante acolchado ou compostado.
Para compostar en balcón e quitar rendemento a unha pequena eira urbana, podese improvisar un recipiente furado de forma cilíndrica ou rectangular. Atoparemos o problema de que as pequenas adicións de materia orgánica que fagamos non serán suficientes para elevar a temperatura, e deberemos ter a precaución de deixar unha capa de terra na parte inferior para que absorba os lixiviados, e aportar unha capa de terra por arriba tras aportar residuos para evitar a aparición de insectos.
composteraO vermicompostaxe é un proceso similar, pero sendo axudados por as miñocas na descomposición dos refugallos.
Enmendas
As enmendas sirven para mellorar a composición física, química e biolóxica do chan. Usanse no momento da plantación, cando faise o traballo anual da terra, e son normalmente pobres en nutrintess. As funcións mais bàsicas son as de aireación e descompactación do chan e facilitar a drenaxe (Arlita, vermiculita....), aunentar a drenaxe do chan (area), aumentar a retención de humedade (coco, turba,,,), corrección do PH (cal p ex...)

Bibliografía:
Guía Practica del Jardín Sostenible. (Compo)
Marihuana: Horticultura del Cannabis. Jorge Cervantes I.S.B.N-13: 978-1-878823-24-3
Informaciones Agronómicas nº 36
Integral Extra Monográfico Nº 1: Volver a la Tierra.
El huerto urbano. Josep María Vallés. I.S.B.N: 978-84-7628-507-7

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...