Páginas

AdSense

Onde digo SOPA digo SINDE


A lei Stop Online Piracy Act é un proxecto de lei intoducido na cámara estadouniodense co obxectivo de ampliar as capacidades dos propietarios de dereitos intelectuais para supostamente combatir o tráfego de contidos na Internete así como os productos protexidos polos dereitos de autor ou por a propiedade intelectual.
O proxecto de Lei ten repercusións graves para a actual estructura de Internet en todos seus sentidos, pois permite ó Departamento de Xustiza yankee e os propietarios dos dereitos intelectuais, obter ordes xudiciais contra aquelas webs ou servizos que permitan ou faciliten o suposto incumprimento dos dereitos de autor, entre os que se incluen: 
.- Obriga dos IS'Ps de bloquear o servizo á web en cuestión, incluindo o hosting. .- Os servizos de publicidade deben bloquear a web ou servizo. 
 .- As empresas facilitadoras de cobro a traverso da Internet deben conxelar os fondos e restrinxir o uso do servizo. 
.- O resto das webs degen retirar os enlaces á web ou servizo denunciado. 

O peche supermediatizado de MEGAUPLOAD xerou un controvertido debate na rede arredor da necesidade ou procedencia de dita lei, a cal, por certo, prevée penas exaseradas para actos de piratería menores.
Pero compre NON PERDER DE VISTA cal é o fondo desta lei en cuestión; a lei executiva (por decilo así) do réxime normativo das leis de propiedade intelectual. Cicais valorar a lei SOPA sen observar cales son os principios que consagra, faganos mirar a realidade da xurisdicción a traverso de un velo que non nos deixa percibir a fondura e gravedade dos feitos, que non están no peche de un portal, nin na redacción de un texto penitenciario, senon nas leis xa existentes arredor da propiedade intelectual e os dereitos de autor.
Determiñados Lobbyes (ver este histórico exemplo) permitense influir sobre a clase política por razóns que descoñecemos, e así ocurre que xa non era SOPA, senon 7 tazas de CALDO que a SGAE cobre unha parte do importe de cada un dos sistemas de almacenamento que se pon a venda, dando por suposto que nos soportes vaise acumular material suxeto a dereitos de autor alleo (Os CD's, Discos Duros, Tarxetas de Memoria das cámaras fotográficas...). 

Por unha banda existe unha irregular actuación do lexislador ó permitirlle ás entidades xestoras dos dereitos o cobro indiscriminado, xa que tamén paga quen non utiliza o servizo, pero por outra banda, si o canon dixital xa está aboado,¿QUÉ PROBLEMA EXISTE por almacenar datos alleos?
Ademais, está a actitude dos usuarios que pagan licenzas "sin garantía de funcionamento", sin posibilidades de distribución, alquiler ou reventa. Querese decir que os usuarios pagan (tendo alternativas para elo) por licenzas que nunca posuirán, senon que aboan un dereito ó uso. Entendese que somentes mediante un compromiso dos usuarios cos sistemas de libre distribución (GNU, Software libre, Creative Commons e licenzas similares) sempre nos fará estar atados ás grandes compañías que limitan os dereitos dos usuarios. Cando a opción de compra existe, o usuario pode facer uso da carga ideolóxica que el deposita nos seus cartos.

Compre reflexionar ademais arredor dos dereitos da propiedade... quere decir, si existe a posibilidade de dixitalizar un contido, ten dereito calqueira a colgalo na sua web que se alimenta da publicidade que recibe por ter visitas provintes do mercado ilegal das descargas, a dar libre acceso á contidos protexidos? Porque é certo que os escritores e os cineastas e os músicos viven das ventas e descargas legais (non se está a cuestionar si os gaños son moi elevados ou si son insultantes, que seguramente...) e si os usuarios teñen acceso os contidos de xeito relativamente libre, eles, os xeneradores de contidos non poderán recuperar sua inversión. 
Entendese que isto comentado, non ten que ver coa copia privada ou o intercambio P2P, senon cos sitios de descargas masivas. 

Evidentemente a SOPA, ademais, metenos un alacrán en Internet: Si compre vixilar os contidos para que non exista pirateo, nosa intimidade queda ó descuberto, e abrense camiños para que poidanse vixiar as comunicacións ante a posibilidade contemplada pola lei de que estense compartindo contidos de xeito "ilegal".
O problema non é a forma en que a xente accede e comparte info, o problema agora mesmo é a falla de unha reestructuración das leis internacionais de propiedade intelectual que deben axustarse ás novas realidades, ó xeito en como as persoas acheganse á cultura e a información, o xeito en que compartimos, e tamén no xeito que o abaratamento das canles de distribución de contidos permiten un axuste de precios que mantendo a competitividade dos xeneradores de contidos, permitan un acceso económico os usuarios. 

Lamentablemente o lexislador sintese especialmente cómodo protexendo ós lobbyes. Para relacionarse coa cidadanía e cos usuarios descontentos xa contan cos corpos represivos. 

Os extremos os cales poden chegar os organismos obrigados por este tipo de leis, poden ser aberrantes. Por exemplo, un ordeador dunha universidade do área de Chicago amosa a seguinte mensaxe ó conectarse ó sistema (as comillas están no orixinal):
Unhas cuestións salientables, porque como se pode observar: 
.- Por unha banda obrigaselles ós usuarios a renunciar ós seus dereitos por adiantado.
.- Cada usuario é un delincuente en potencia. Se pode observar sua actividade impunemente. 
.- Todos somos culpables mentras non demostremos o culpable. 
.- A disculpa da piratería e das teóricas perdas económicas dos Lobbyes, permiten que o estado monitoricen nosa actividade na rede.

A Lei de Propiedade Intelectual no Estado Español podes leela eiquí


Non é unha cuestión de Piratería, e unha cuestión de PRIVACIDADE!!!

¡Quen teña oidos escoite, quen teña ollos vexa!

Enlace Patrocinado.
¿Gustouche este artigo? 
                Comparteo cos teus amigos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...