Que é o cancro?O cancro é o crecemento descontrolado de células anormais no corpo. As células cancerosas tamén se denominan células malignas.
Causas, incidencia e factores de riscoAs células son os bloques de construción dos seres vivos. O cancro orixínase das células normais no corpo. As células normais multiplícanse cando o corpo as necesita e morren cando o corpo non as necesita. O cancro parece acontecer cando o crecemento de células no corpo está fóra de control e as células se dividen demasiado rápido. Tamén pode acontecer cando ás células esquecen como morrer (apoptose). Hai moitos tipos diferentes de cancro. O cancro pode desenvolverse en case calquera órgano ou tecido, tais como o pulmón, colon, o tecido mamario, a pele, os ósos ou os nervios. Existen moitos factores e produtos que inducen cancro: o benceno e determinados químicos, o consumo excesivo de alcohol, toxinas ambientais, exposición solar excesiva, problemas xenéticos, http://obesidade, radiacións ionizantes, virus, etc. De tódolos xeitos a orixe de moitos tipos de cancro é descoñecida.
SíntomasOs síntomas do cancro dependen do tipo e da localización do tumor. Por exemplo, o cancro de pulmón pode provocar tose, dificultade pra respirar ou dor no peito. O cancro de colon frecuentemente ocasiona diarrea, estrinximento e sangue nas feces.
Algúns tipos de cancro poden non ter ningún síntoma en absoluto. En certos tipos de cancro, como cancro de páncreas, a miúdo os síntomas non comezan ata que a doenza alcanza unha etapa avanzada. Os seguintes síntomas poden acontecer coa maioría dos cancros: arrepíos, fatiga, febre, perdida de apetito, malestar, suores nocturnas, perdida de peso, etc, estes síntomas son comúns con outras doenzas, resultando non determinantes nin exclusivos.
PrevenciónVostede pode reducir o risco de contraer un tumor canceroso seguindo estes simples consellos: Seguir unha dieta saudable, facer exercicio con regularidade, limitar o alcohol, manter un peso saudábel,reducir ao mínimo a exposición a produtos químicos tóxicos e a radiacións, non fumar ou mastigar tabaco e reducir a exposición ao sol, especialmente as peles sensíbeis e brancas. As probas para a detección do cancro, como a mamografía e o exame de mama para o cancro de mama e a colonoscopia para o cancro de colon, poden axudar a detectar estes cancros nas súas etapas iniciais, cando son máis tratables.
Cannabis e cancroA pesar de existir evidencias científicas de que determinados cannabinoides inhiben e mesmo destrúen as células tumorais, o lexislador é reticente a permitir que estas opinións se expresen nos documentos oficiais, debido a presións relacionadas cos lobbyes farmacéuticos. En ensaios preclínicos, demostrouse que algúns cannabinoides, incluíndo o THC e o CBD (cannabidiol), atacan selectivamente e eliminan células malignas e tumores cancerosos. Sendo o cancro unha enfermidade de difícil curación, en ocasións o tratamento contra a doenza (raio e quimioterapia) é máis perturbador que a propia doenza.
As persoas afectadas polo cancro tratados mediante radiacións ionizantes e quimioterapia, sofren con frecuencia episodios de náuseas, vómitos e perdas do apetito que lles colocan o organismo en situación de colapso. Nesta situación, moitas persoas optan polo consumo de cannabis - en moitos casos recomendadas polas súas médicas, mais sen un consentimento legal ou oficial - para evitar esta serie de efectos secundarios producidos pola exposición ás radiacións ou produtos químicos que combaten os tumores.
Molécula de THC |
O tratamento contra os efectos secundarios asociados á terapia antineoplásica medicamentosa (quimioterapia) é con diferenza a indicación máis documentada dos cannabinoides. Diversos estudos (con THC, Nabilona, outros análogos do THC e marihuana) resaltan os efectos positivos da devandita terapia. Os cannabinoides seguen sendo o tratamento preferido na medicina popular para combater as dores e as náuseas, entre outras razóns por non crear a dependencia física que crean os opiáceos (morfina) e non exercer o efecto bronco constrictor destes. (Tanto o "Marinol"-dronabinol, o -delta-9THC-, como o "Cesamet"-nabilona, están aprobados en determinados estados para a indicación de nauseas e vómitos causados pola quimioterapia do cancro. O "Marinol " tamén o está para a anorexia e a caquexia no VIH/Sida).
ContraindicaciónsExisten diversas correntes de investigación que indican que o cannabis fumado podería ser un factor significativo de risco no desenvolvemento do cancro respiratorio. O gran número de hidrocarburos aromáticos presentes no fumo, diversas nitrosaminas, unha maior exposición dos pulmóns aos restos de combustión debidas á maior duración das caladas, poden desencadear factores non desexados. É por iso necesario avaliar para cada paciente, non só a dosificación axeitada, senón tamén o método de dosificación máis axeitado e con menos riscos potenciais.
Importante: Esta información pretende ser obxectiva e documentada, mais está redactada con ánimo exclusivamente didáctico. Se estás doente ou cres que poderías estalo non te automediques e consulte a unha profesional.
Cicais che interese:
Publicidade:
Publicidade: Os vaporizadores axudan a reducir riscos | . |
No hay comentarios:
Publicar un comentario