Páginas

AdSense

NLH : (NL* Haze de Nirvana)

Como queira que non demos atopado un enlace na páxina oficial de Nirvana, que nos comentara arredor das suas características, etc, declinamos enlazar a páxinas comerciais.
Debeu ser arredor do 2007 que sementamos noso paquete de NLH.
Este marabilloso exemplar superou todos os imponderables dos novatos, as macarradas dos enteradillos, as presións selectivas mais absurdas, os maiores maltratos, cantidades inimaxinables de UVA e UVB .... e realmente pareceu sentirse mal somentes cando o réxime de fertilización foi excesivo e a humedade do sustrato elevada.
Algunhas das súas irmáns foronche ben mais aromáticas, incluso mais demoledoras e ata mais sabrosas. Pero somentes este exemplar foi quen de revexetar e estaquillar como unha LEONA.
O aroma do exemplar é neutro, non invade, se acaso un chisco "seco"... -comprirá facer un cursiño deses subvencionados de cata para identificar a gusto os cheiros- e o efecto tende a ser narcótico per se, e demoledor si temos inxerido outros estupefacientes.  ( Opción desaconsellable)
Saliunos toda unha campeona. Logo, o de incrementar produccións, tamaño de cogollos e similar, compre un chisco mais de esforzo, e de feito, ainda estamos en elo.
Unha auténtica supervivinte.
( Lembramosvos que estamos a falar do "vintage_2007")




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...