Páginas

AdSense

Selección Masal

Aplicado a plantas autógamas ( cos dous sexos no mesmo especimen), a primeira etapa na selección dunha variedade é obviamente a de eliminar os tipos inaceptables. Isto pode facerse mediante selección ou mediante rechazo. 
En definitiva o resultado ven a ser o mesmo, escoller as mellores plantas para que produzan sementes; mediante rechazo prescindindo de aquelas que amosen características indeseables, e mediante selección, escollendo os exemplares que teñan unha serie de características que o cultivador considere mais adecuadas ou valoradas. Unha vez identificados os mellores exemplares e rechazados os peores, xa temos os proxenitores para formar o seguinte cultivo.  Con este método se podense manter cando menos parte das características favorables, e ir mellorando tanto en cantidade como en calidade o cultivo.
( Mellora xenética vexetal. Autor descoñecido.)
Pois de este xeito, imos continuar noso proceso de selección de plantas en panmixia, así como o de razas puras - ou hibridos consolidados-, pero esa xa será outra istoria.

Unha vez agrupadas as plantas según a sua vitalidade ( na foto todas os exemplares teñen a mesma edade, e proveñen de un cultivo en panmixia), rexeitaremos aquelas que amosen caracteres indexesables. A saber: Deformidades, enanismo e excesiva distancia internodal. Non compre explicar a razón de rexeitar as plantas enanas e deformes, pero compre aclarar, que as plantas con unha distancia internodal grande tenden a espigarse en exceso, e normalmente serán menos productivas, xa que tenderán a dar flor exclusivamente nas puntas. Tamén despreciamos as plantas feridas por manipulación. ( Iso si é selección natural inconscente). Compre decir tamén, que o ideal sería agardar a colleita de cada planta, e realizar a selección en función das características organolépticas ou capacidade sicoactiva, pero nin o armario de floración dispón de capacidade para absorber todalas plantas xerminadas ( 1,20m x 1,20m), nin a zoa de vexetativo ten espacio de abondo para soportar todos os planteles necesarios ( 1,4m x 0,7m), polo que compre levar a cabo unha selección "temprana".
De esta selección de panmixia, percuramos a busca de exemplares vigorosos, productivos, aromáticos e con peculiares características individuais. O criterio inicial de selección é o de fenotipo ou aspecto. De eiquí sairán, ou non, os fenotipos "P", "R", "JPN", etc. A medida que avancemos na definición aspectual (fenotípica), profundizaranse outros aspectos como as características organolépticas, carga sicoactiva, facilidade de reproducción vexetativa e capacidade de revexetación.
O seguinte paso tras dos rechazos consistirá en crear unha selección positiva, que estará baseada no aspecto tamén. En este caso buscaremos plantas mais ben rechonchas, de curto internó e folla ancha. ( este último aspecto debería facilitarnos unha maior rapidez de floración, xa que corresponderíanse con exemplares mais índicos, e polo tanto de tempo de floración menor.)
Por certo que normalmente os machos tenden a ter unha maior distancia internodal, polo que esperamos reducir o numero de machos no cultivo, e por ende, conquerir que aqueles que cheguen a floración sexan o mais parecidos a femias, no relativo ó patrón de medre ó ancho.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...