Páginas

AdSense

Selección de nais 091221

Non todas as plantas revexetan, nin todas o fan coa mesma facilidade. Influen incluso factores ambentais, como pode ser a temperatura, ou a cantidade e intensidade de luz, ademais da sua carga xenética.
Estes exemplares de Thaigana, como podedes ver teñen unha disposición notable á revexetación. Na primeira foto un brote que xurde logo da colleita. Na segunda foto, outro exemplar xa disposto a ser reflorado si se desexa.



Debemos desbotar as nais que estean febles ou enfermas. Neste caso, unha descendente de NL*Hace de parental descoñecido, sobreviviu a duras penas a 1ª refloración.
Ambicionada pola sua calidade contrastada, non foi que de ser esgallada, e manifesta unha debilidade notable que lle impedira reflorar por segunda vez.
Xenética perdida, en este caso, pero seguiremos a buscar...

Se se dispón de espazo é unha idea deixar uns cogolliños na planta e poñela a 18 horas de luz. As veces volven a brotar. Podedes facer probas ou intentalo somente con aqueles exemplares que creades que por aspecto e aroma son os mais adecuados.
A capacidade terapéutica somentes será contrastada tras o secado e curado da mostra previa. Unha vez sometida o test de capacidade terapéutica será mantida ou non en revexetación.
Importante: Buscanse plantas de boa capacidade terapéuticas, pero sobre todo que sexan fortes e sans. O fin e o cabo, según esta etiqueta, estamos a CRIAR CANABO!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...