Páginas

AdSense

Consumindo con responsabilidade.

O feito de catar unha marihuana, consumirla responsablemente e con criterio, pasa por coñecer unha serie de
principios organolépticos varios propios da Marihuana.

Arume: cheira, góstanos, ten intensidade
Textura: bo manicurado, densa, esponxosa. desfaise de máis ou aparenta verde (mal curado).
Sabor: comida, aspirada sen alcender o peta, nótase o sabor ...
Colocón: sube rápido, quita as ganas de beber ou fumar (ansiolítico), saliba doce e espesa (bo sinal), da fame
nunha duas horas. Unhas poden dar sofá e pensar (índicas) ou facer actividades (sativas). Nin unha é millor que
outra, son diferentes, o que hai que valorar é a intensidade coa que pegan.

PD: básicos, microscopio, abondancia de tricomas, os millores como silocibes ou chupa chús, canto máis
grande e transparente a bola millor. Logo pauciñositos sen bola e logo tricomas capilares (parecidos a pelos).
Na abondancia que tricomas por centímetro cadrado está parte da calidade (colocón), nas antocianas, terpenos e
así están arumes e sabores.

SIMPLIFICANDO: PROCEDEMENTO A USAR NA CATA
TRICOMAS:
Calidade e abundancia.


( Na imaxe, a mostra 18 de Exterior)
ARUMES:
Primarios (propios da variedade, índica, sátiva ou rudelaris ou misturas), secundarios (propios do proceso de
cultivo, hidropónico, biolóxico, exterior, etc.) e terciarios(propios do secado e curado).
­ Abrir a bolsiña e ulir.
­ Desmiuzar unha pequena parte cos dedos e cheirar (vale tamén para TACTO).
­ Cheirar o cogollo en sí e aberto.
­ Rolar o muiño e aplicar o narís.
­ Facer o canoto e inhalar sen alcender (vale tamén para SABOR).
TACTO:
­ Textura do cogollo, dureza/consistencia, desfaise/mantén corpo.
­ Desmiuzar unha pequena parte cos dedos (ver ARUMES).
­ Valoración de secado/curado.­ Posíbel valoración índica/sativa.
SABOR:
­ Facer o peta e inhalar sen prender (ver ARUMES), moi importante, esperar ao retrogusto.
­ Mastigar unha pequena cantidade e pasala por toda a língoa.
­ Prender o porro, agradábel/duro.
­ Pica na língoa, rasca ou irrita a gorxa
­ 1a calada, valorar, ver se mantén continuidade ata o final.
­ Da tos, expectorante/irritativa/seca.

COLOCÓN:
­ Primeira impresión. Saliva intensa, densa, doce, valorar.
­ Sube rápido/suave/tarda.
­ Primeira sensación, apalanca/relaxa/activa/non se nota.
­ 2a apreciación, tardou en subir/ten continuidade no tempo/fai vivir distintas situacións.
­ Intensidade.
­ Duración.
NORMAS XERAIS:
­ Dotarse dunha lupa­microscopio de 30 ou máis aumentos e escreber as apreciacións.
­ Non ter fumado derivados do cannabis polo menos 6 horas antes, tabaco en 15 minutos.
Non abusar antes da cata de perfumes, cremas antioxidantes, café, heroína, cocaina, alcól, pastillas ou

drogas semellantes. Non ver a tele 17 horas antes.
Gracias ós compañeiros da Asociación Viguesa de Estudos da María a axuda prestada ( caseque toda), enespecial a Nando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...