Páginas

AdSense

Cultivo de hortícolas baixo LED UFO 90w

280710
Xa chegados o intre de facer entrega dos ajís amarelos ó cultivador que nos pediu que os xerminaramos, pasamos a unha actividade un tanto mais prosaica: O cultivo de tabaco, que aproveitamos para unha doble circunstancia: 
1.- Uso de Nicotiana tabacum como planta auxiliar para os cultivos en interior e...
2.- Venta de plantóns de tabaco para que cada quen poida facer con elas o que considere.
Velaiquí a plantación a día de hoxe:



200710
Como queira que chegamos as conclusións que vos comentamos mais abaixo, procedemos a utilizar o armario para un cultivo experimental de ají amarillo (xénero capiscum),


experimentar coas plantas do tabaco,


e mais forzar a floración de orquideas da variedade phalaenopsis.




070710

Como o foco sigue sendo necesario para darlle presencia ó escaparate da tenda, decidimos adicarnos a unha laboura moito mais prosaica. O cultivo de Ají -pemento da América  Central, moi valorado polo inmigrantes- baixo dita lámpara. 
Os parametros de luz son de 16 horas (de 8 da mañán a 12 da noite), o sustrato é un universal común e o abono a utilizar será o que se decida en cada momento, compensando según etiqueta as posibles carencias.


 


Tamén testearemos experimentalmente o cultivo de plantas de tabaco.



100706

En definitiva, o experimento non resultou un éxito radical. Os tomates estiraronse como tolos, e ainda que floreceron non coallaron froito(onde están as malditas fotos ...?; os pementos de padrón si o conseguiron, e os cabaciños ainda que floreceron non acabaron tampouco de coallar froito.
Entendo que dentro dos erros está o feito de colocar demasiado lonxe as plantas da lámpara ( dito para os tomates e os cabaciños. A distancia de 80 centimetros dende o LED ata a cima dos pementos parece suficiente para que fructifiquen. Decir que de calqueira xeito os pementos non se atopaban demasidado ben de saude, como si estiveran faltos de nitróxeno. Outro apunte é o fedor da terra, cicais demasiado húmeda, pero outro erro de procedemento, non fomos quen de apuntar o sustrato utilizado.
100522


O que nos toca decir hoxe é que tivemos un problema de metodoloxía a hora de empezar a facer o seguimento. A cuestión é que non pusemos mais de unha planta de cada variedade para ser testeada baixo cada tipo de fertilizante, e polo tanto determiñado vigor non pode ser definido como froito do fertilizante, senon que pode provir sen mais da fortaleza propia da planta.
Outro erro non foi definir as rotacións das plantas de ningún xeito, de tal forma que poden existir variabiliadades de crecemento en función da ubicación de cada planta no armario.
Para intentar correxir estes duas posibles eivas, definese a rotación como diaria, e por outra  banda incorporanse á plantación 6 Berenjenas, repartidas en tres pares, onde cada par será fertilizado por un mesmo producto.

100512







Os cabaciños fertilizados con Algimar e Biocanibium abriron xa as flores.

100508



100502



Diferencia de tamaños entre as plantas en ventana (dereita) e as cultivadas baixo led (esquerda)

100501



100425





100420




Baixo o LED UFO de 90 W colocamos tres grupos de hortalizas, cada un de eles compostos por:
1 Cabaciño, 1 tomate e 1 pemento de Padrón.

Cada 1 de estes grupos fertilizarase os martes e sábados cos seguintes productos:

Grupo1: Algimar de Flower.
Dosificación recomendada: 1 premencia 1/litro de Auga.
Nosa dosificación: 1 premencia 5 litros de Auga.

Grupo 2: Humus líquido de Ecocelta.
Dosificación recomendada: 40 litros/Ha
Nosa dosificacón: 1 ml/5 litros de H2O

Grupo 3: BioCannabium de Flower.
Dosificación recomendada 2.5 ml/litro.
Nosa dosificación: 2.5 ml/5 l H2O

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...