Páginas

AdSense

Bioestimuladores ¿Que son?



INTRODUCCIÓN
A sustentabilidade dos sistemas agrícolas a longo prazo debe fomentar o uso e manexo  efectivo dos recursos dos agro-ecosistemas.Neste sentido os bioestimuladores e os inoculantes microbianos son un compoñente vital dos sistemas sustentables, xa que constituen un medio económicamente atractivo e ecolóxicamente aceptable de reducir os insumos externos e de mellorar a cantidade e calidade dos recursos internos.

Dentro dos bioestimuladores compostos por inoculantes microbianos atopanse as bacterias do xénero Azotobacter, as cales están presentes no chan e o atoparse en elevadas poboacións nos agroecosistemas asocianse ó sistema radicular de algunhas especies vexetais e ocasionan unha aceleración do desenvolvemento e un incremento do rendemento nos cultivos, debido fundamentalmente a sua capacidade de sintetizar sustancias biolóxicamente activas como poden ser as auxinas, citoquininas, giberelinas, aminoácedos e vitaminas.



SUSTANCIAS REGULADORAS DO CRECEMENTO

Existen moitas sustancias que regulan o crecemento das plantas, unas o activan, mentras que outras o inhiben, ou incluso desencadean procesos de senescencia.
As mais coñecidas son as hormonas:
-Auxinas
-Giberelinas (GA)
-Citoquininas (CQ)
-Etileno
-Acedo abcìsico (ABA)
Ademais das hormonas, existen outros moitos compostos naturais que influen sobre o crecemento das plantas a moi baixas concentracións.
Podense crear tres grupos diferentes:
I) producidos por plantas inferiores, onde regulan seu desenrrolo.
II) producidos por microorganismos, que estimulan o crecimiento das plantas superiores.
III) presentes en plantas superiores, pero que afectan a seu crecemento cuando aplicanse de xeito exòxeno.

Grupo I

Dentro de este grupo están os ácedos trispòricos e o ácedo lunulàrico, que é responsable da durmiciòn inducida polo fitocromo en días longos.

Grupo II

Os estimuladores de crecemento mais coñecidos, producidos por microorganismos, son os  seguintes:
-Helmintosporol, con acción parecida a das Giberelinas.
-Fucsicoccina, que produce marchitamiento.
-Malformina, que causa malformacions en pecíolos e talos de varias especies.

Grupo III

A este grupo pertencen as fitoalexinas, as vitaminas e as sustancias fenòlicas. As vitaminas son necesarias para o crecemetno e bon medrar dasplantas. A vitamina C é un antioxidante natural que protexe ás plantas dos procesos de envellecemento, retardandoos.Dentro dos compostos fenólicos, incluense os ácedos fenólicos, as cumarinas e os flavonoides.
Os ácedos fenòlicos mais coñecidos son: salicílico, para-cumárico, cafeico, clorogénico, gàlico, para-hidroxibenzoico, ferùlico e orto-cumàrico.
Antre os flavonoides mais estudados podese citar: quercetina, rutina, apigenina, naringenina, kempferol, genisteìna e as antocianinas: florentina, naringina y floridzina.
Dentro das cumarimas, coñecense as seguientes moléculas: chumarían, escopoletina e umbeliferona.

Auxinas

Entre as auxinas das plantas superiores, a mais coñecida é o ácedo3-indolacètico (AIA).
Tamén hay muchas referencias sobre el ácido fenilacetico.
As auxinas estimulan a sintese de proteinas e RNA (especialmente sua fracción ribosómica m-RNA) en tecidos en crecemento. Estimase que mais que iniciar novas vías de desenvolvemento, o que fan as auxinas é desbloquear algunhas vías preexistentes. O efecto mais importante na aplicación das auxinas é a elongación celular.
As auxinas participan de xeito moi directo no medre celular, chegando incluso a controlar a división celular en algúns tecidos. De feito, o desenvolvemento das técnicas de cultivos de tecidos, foi posible grazas á acción das auxinas sobre a división celular.
O proceso de rizoxénese está intimamente relacionado coa división celular, sendo práctica normal en horticultura, sobre todo en viveiros, aplicarlle auxinas os gallos para favorecer o enraizamento.
A aplicación de outras hormonas, como poden ser as giberelinas e as citoquininas, estimulan a sintese das auxinas, producindo un incremento na sua concentración.tración.

Giberelinas

Actualmente coñecense mais de cincuenta gibelerinas distintas. Todas elas son diterpenoides ácedos derivados do ent-kaureno. Distinguense dous grandes grupos: giberelinas con 20 y con 19 átomos de carbono.
Las giberelinas no se atopan solo libres, senon tamén formando glucósidos e derivados acetilados e propilados.
A aplicación de giberelinas, produce cambios no tamaño das células. Estas hormonas influen en moitos procesos das plantas, como a floración e o medre dos froitos.
En plantas de día longo, as giberelinas poden sustituir o efecto do fotoperiodo.

Citoquininas

As citoquininas regulan a división celular, aumentando a mitosis, mentras que tanto as auxinas, como las giberelinas, actúan sobre a elongación celular.
O igual que as outras hormonas, as citoquininas son capaces de estimular a sintese de RNA e de proteinas.
As citoquininas retardan a senescencia, o impedir a desaparición das giberelinas, manteñen en funcionamento a maquinaria sintetizadora de proteinas mediante a regulación da sintese do RNA.
Os froitos e as sementes inmaduras, son as mellores fontes de citoquininas.
A zeatina, que é a citoquinina mais coñecida, aillouse en sementes de millo.
Estas hormonas sintetizanse nas raices das plantas e inducen á formación de órganos, influindo sobre os procesos de diferenciación.



Regulación hormonal da morfoxénexe.

A distribución e concentración de auxinas, giberelinas e citoquininas, son factores vitais na regulación da diferenciación e morfoxénese dos vexetais.
Os brotes novos, son sitios moi activos na sintese de auxinas. As giberelinas parecen sintetizarse en follas en crecemento, froitos, raices e sementes.
Existe unha correlación moi íntima entre as velociades de medre das diferentes zoas do tronco e os gradentes de concentración de auxinas e giberelinas.
As auxinas xogan un papel fundamental na formación do xilema. A demostración de que a auxina era a sustancia formadora de raices, conduciu ó uso de auxinas sintéticas para a inducción da formación de raices. Algunhas auxinas sintéticas, como o ácedo indolbutirico ou o ácedo naftalenacetico, son mais potentes que a auxina natural, debido a que son mais resistentes ó sistema enzimático AIA-oxidaxa.
As giberelinas e citoquininas, inhiben o desenrolo das raices. Este feito é sorprendente no caso das citoquininas, xa que son elas as promotoras da división celular.
En definitiva, tanto a diferenciación como o inicio de crecemento de órganos, son fenómenos controlados por reaccións entre sustancias hormonais.

Os bioactivadores hormonais obtidos de extractos de plantas, o seren aplicados incrementan a velocidade dos procesos fisiolóxicos da planta, aumentando as taxas de respiración e fotosintese.

Contido de hormonas no proceso dos froitos.

Os frotitos na etapa de premaduración, constituen a fonte mais rica de sustancias de medre nos vexetais. Tamén tense constatado unha boa correlación entre a intensidade do crecemento das sementes e a actividade giberelínica.

Axuda a manter esta Páxina. Merca en TODOSEMENTES.


Fontes:
http://biblioteca.idict.villaclara.cu/UserFiles/File/ciencia/196.pdf

http://www.agrogt.com/Fichas_tecnicas/Greensoil/Ficha%20Tecnica/FITOACTIV.pdf

http://www.google.es/imgres?imgurl=http://www.ilustrados.com/publicaciones/multimedia/15048d3.gif&imgrefurl=http://www.revistaciencias.com/publicaciones/EkplFppkZlOkBaroDJ.php&usg=__5-5BtVRpEnrrm8zt4DyJ60OHYNk=&h=138&w=526&sz=5&hl=es&start=239&sig2=TYQZAwfxIf-BjtZlg5I4YA&zoom=1&tbnid=kt6PfzHy1dn4iM:&tbnh=57&tbnw=219&ei=U_eVTP-9IMOecY2u4aMF&prev=/images%3Fq%3Dauxinas,%2Bcitoquininas,%2Bgiberelinas,%2Bamino%25C3%25A1cidos%2By%2Bvitaminas%26hl%3Des%26client%3
Dfirefox-a%26sa%3DX%26rls%3Dorg.mozilla:es-ES:official%26biw%3D836%26bih%3D492%26tbs%3Disch:
10%2C13171&itbs=1&iact=hc&vpx=285&vpy=190&dur=7408&hovh=110&hovw=420&tx=194&ty=67&oei=zvWVTL
n7D4m4vgPavuCZDQ&esq=13&page=36&ndsp=6&ved=1t:429,r:1,s:239&biw=836&bih=492

http://www.agrares.com/

PD: Si facedes unha metabúsqueda do termo "Bioestimuladores" atoparedes unha chea de estudios que amparan todos eles que o uso das hormonas naturais favorecen e adiantan o crecemento e maduración.
Este enlace apunta a unha tese doctoral arredor dos bioestimuladores. Para ler con calma, algo técnica pero moi interesante.:
http://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/4133/1/Vivas%20Salvador,%20Mar%C3%ADa%20Jos%C3%A9.%20t.1.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...