Páginas

AdSense

Consellos legais para consumidor@s de cánabo.





Este texto é traducción ó galego do ubicado en http://www.nodo50.org/alabcn/articles.htm, encabezado pola Asociació lliure antiprohibicionista.

CONSELLOS LEGAIS PARA OS CONSUMIDORES DE CÁNABO

1.- Declaración ante a policía.

Cando a policía ( ou a garda civil, etc) detén a algéun, van a intentar que declare nesa mesma comisaría ou cuartel para, posteriormente poñelo a disposición xudicial. Si o detido ten moi claro que é o que ten que decir pode declarar sen maior problema. Si non o ten tan claro ( ou simplemente por prudencia, que é o recomendable, non desexa facelo ) pode optar por declarar solo ante a autoridade xudicial. A importancia de non declarar ante a policía radica en que tras esta declaración policial (que consistiría precisamente en non declarar) o detido ten dereito a entrevistarse reservadamente co seu avogado e, de este xeito, preparar sua declaración ante o xuiz.
Non é raro que as forzas policiais tenten convencer ó detido para que declare ante eles, incluso facendo ver que si non declara vai ter que pasar a noite en comisaría ou con outros argumentos polo estilo. Lembrade que é un dereito voso elexir onde declarades polo que, repetimos, se non se ten moi claro o que hay que decir, debe optarse por declarar ante o Xuiz para así poder entrevistarse co avogado.

2.- O cultivador de Marihuana é consumidor de cánnabis

Se unha persoa cultiva marihuan para o seu consumo está claro que ten que ser consumidor de derivados cannabicos. Por elo non solo manifestará dito extremo á hora de declarar senon que, ademais, pedirase ser recoñecido polo médico forense a fin de acreditar tal consumo. No suposto de que non se poidera facer dito recoñecemento, procederemos a achegarnos a un laboratorio privado a fin de que nos realicen unha analise que acredite noso consumo.

3.- A cantidade de marihuana

Ainda que parte do que vaise expoñer a continuaión é laboura prpopia do avogado, non está de mais que na declaración ante o xuiz (ou incluso si se declarase ante a policía) que se faga ver que non todo o que se incauta nun cultivo de marihuana é para consumir, senon que serán somentes as plantas femia, e de elas, somente as flores e tras do correspondente proceso de secado.
Isto é. hai que facer ver, dende o primeiro momento, que os maceteiros, a terra, os tallos e as follas non se consumen, senon somente as inflorescencias, e elo tras o correspondente proceso de secado, que deixará a cantidade de flores orixinais entre un dez e un 25% da mesma.

4.-  O consumo é anual.

Ademais, haberá que facer ver que a marihuana que íase conquerir era para o consumo anual do cultivador, toda vez que é unha planta que colleitase unha vez ó ano, e do resultado do cultivo depende que o cultivador poida aprovisionarse para este ano polo que en definitiva, a cantidade de marihuana que poiderase obter debe corresponderse coa que consume esa persoa.
Por exemplo: Si dicese que consumense dous gramos diarios ( uns 730 gramos anuais) e da plantación poderíanse sacar tres kg de marihuana, é evidente que habería un excedente, e o xuiz podería pensar que ese excedente iría destiñado a fins diferentes do propio consumo.

5.- A motivacion do cultivo: O autoconsumo.

Cultivo marihuana porque a consumo. É indiferente ó por qué do consumo, pode ser por razóns médicas, lúdicas, tec. En relación a isto, tampouco queda mal lembralle ó xuiz que prefirese cultivar antes que acudir ó mercado negro, onde o consumidor atoparíase con precios altos, adulteración do producto e entrada en circulos de marxinación e delincuencia.

6.- Pertenza a asociacións antiprohibicionistas.

Si o cultivador é membro dunha asociación antiprohibicionista compre comunicalo así para que o xuiz poida ver que non se trata de unha persoa que intenta esconderse, senon que pertence a unha organización que, publicamente, loita pola normalización da marihuana. O clásico traficante de drogas fuxe da publicidade e busca o anonimato. O cultivador de marihuana non necesita do anonimato porque non está realizando nada ilegal.

7.- A presenza de instrumentos equívocos.

Un elemento que tomará en consideración o xuiz para intentar vislumbrar se o cultivo de marihuana está destinado ó consumo de dito culivador ou o tráfego será a presencia de balanzas de precisión, cadernos de anotacións de vendas, cartos non xustificados, material para a posterior venda desa marihuana etc. Si teñense estes instrumentos o xuiz será mais proclive a pensar que o cultivo era para traficar que non para o propio consumo do cultivador.

8.- O estado das plantas

Se algunha delas estiveran plantadas e outras secandose, faremos ver como elo acredita que vaise dispoñendo das mesmas conforme vanse necesitando. Si todas foron xa colletiadas faremos ver que, chegada a hora da colleita, non se poden deixar mais tempo na terra, polo que compre recollelas todas, con independencia de que o consumo das mesmas realicese ó longo do ano.

9.- A ubicación das plantas.

Si as plantas están á vista sinalaremos isto como mostra de que non hai nada que esconder nin medo a que as miren. Si non estaban á vista diremos que era necesario para o seu desenvolvemento (P. ex. si están nun invernadoiro ou baixo uns plásticos) ou simplemente que queriase evitar que as miraran os nenos ou que algún veciño protestara.

10.- As manifestacións dos axentes.
Outro dos aspectos que o xuiz vai ter en conta é o que a policía diga sobre o cultivador, isto é, si é coñecido como traficante, si a intervención producese por casualidade ou por denuncias de alguén, si existe moito trasego de persoas pola sua casa.. etc. Como poderedes ver pouco podemos decir arredor disto (as valoracións xa as fará noso avogado) pero resulta convinte que sepase que este é outro dato que vaise ter en conta.

Conclusións:
Non hai fixado un ńúmero de plantas que permita calificar un cultivo de legal ou ilegal.
Van a ser un cúmulo de circuntancias (principalmente  a condición de consumidora da cultivadora e a cantidade de marihuana que poderíase obter) as que fagan que o xuiz poida considerar que o cultivo estaba adicado ó propio consumo ou ben, ainda que fora parcialmente, o tráfico.
En calqueira caso, que a ninguén se lle escape que cantas menos plantas teñanse (e polo tanto menos marihuana) mais doado resultaralle ó xuiz o pensar que son para o propio consumo e non para o tráfico.

Este texto é traducción ó galego do ubicado en http://www.nodo50.org/alabcn/articles.htm, encabezado pola Asociació lliure antiprohibicionista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...