¿ Que pasa si teño plantas hermafroditas no meu xardín?
O primeiro que debes facer é non alarmarte, e valorar cal é o grao ou cantidade de flores masculinas que teñen as tuas plantas e en que momento sairon.
O Cánabo é unha planta con unha certa tendencia o hermafroditismo per se este pode ser producido por razóns xenéticas, propias da planta ou ben por condicións ambentais que alteran o entorno da planta de un xeito sustancial. A este efecto chamaselle "estress", pero é obvio que o concepto difire para os humanos e o cánnabis.
Si se queren eliminar as hermafroditas de un cultivo compre
un estudio exhaustivo periódico
O efecto que terán unhas plantas hermafroditas no nosos xardín xerán unhas cantas sementes de plantas hermafroditas. Estas plantas cheirarán e terán as meñsmas propiedades terapéuticas que as outras, pero indefectiblemente terán sementes. (sementes hermafroditas, insisto)
En ocasións nunha visual superficial as flores
machos poden pasar desapercibidas
Cicais a foto anterior denos para abrir un debate das distintas variedades de hermafroditismo. Neste caso as inflorescencias masculinas saen no interior das polas, como si contra-natura, en troques de querer polinizar outros exemplares pretendera facelo sobre si mesmo.
Unha anotación importante: En caseque calqueira proxecto de mellora do cánabo as plantas hermafroditas deben ser erradicadas, baixo o meu parecer, mellor que morra un inocente a que salvese un solo culpable, xa que transmitiran necesariamente tal característica á descendencia e ademais alteraran nosos ensaios, e perderase credibilidade o non proporcionar femias AUTENTICAS.
101225
Falamos de plantas hermafroditas ou dióicas aquelas nas que conviven ambos sexos sobre o mesmo exemplar.
O Cánnabis ten de por si unha tendencia a presentar flores masculinas e femeninas sobre o mesmo exemplar, en ocasións provocadas por estimulos externos (estres, temperaturas extremas, trocos no fotoperiodo..) e en outras ocasións por sua propia natureza.
O maior problema das plantas hermafroditas é dificultade de facerlles perder dita condición, e a alta heredabilidade de esta carácterística.
Flores masculinas en pé dioico
Non é certo que as plantas dióicas non teñan utilidade terapéutica, ou proporcionen peores sabores que as plenamente femeninas, pero si é certo que traballando con hermafroditas sempre teremos sementes ( para ben e para mal), co que elo supón de perda nas características organolépticas debido ós sabores amargos e indesados producidos polo envoltorio dos cañamóns.
Macro Flor Masculina en planta hermafrodita
Traballar con liñas monóicas fará mais doado o traballo de selección e cruzamento das diversas liñaxes, e é traballo do criador desfacerse sen ningún tipo de escrúpulo de aquelas plantas que ben por natureza ou por cuestións ambentais tenden a amosar ambos sexos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario