Páginas

AdSense

Homo Sapiens Social

Unha nova especie está a xurdir no mundo. O Homo Sapiens Social.

Non é doada a supervivencia de unha especie en ciernes, unha especie brotante, en plena ebullición xerminativa, con esencia de sopa enzimática.
A xeito de proceso meiótico, sin presa, sin pausa, unha célula orixinal duplicase, multiplicase, e especializa a cada nova creación nun novo ámeto.
É a evolución do Homo Sapiens , a especie humana que é capaz de coñecer e reflexionar arredor do que coñece, ó Homo Sapiens Social, o home capaz de coñecer e reflexionar arredor do que coñece e relacionalo co seu entorno físico e co seu contorno tribal.

Para que esta semente brotara e comenzase seu arraigo, (a pesares dos glifosatos políticos e económicos) deberon darse as necesarias condicións para a xerminación: Escuridade, falla de auga, pouco airo e falta de comida.

Este novo Homo en ciernes, decide organizarse a traverso da intelixencia colectiva que proporcionan as computadoras, as redes neuronais non orgánicas, da inmediatez da transmisión de datos e das melloras tecnolóxicas que permiten a calqueira competir cos Mass Media en igualdade de condicións de distribución de información co valor engadido da fiabilidade e infabilidade de que é o conxenere/amigo, e non o depredador quen amosa agora os datos.

Este brote de Homo Sapiens Social parece nacer sedentario e autorganizado no reparto das tarefas, instalase en espacios públicos ( da sua propiedade) e soporta estóico o ataque dos depredadores da usurpación comandados por Mr. X, tamén chamado The Lord.

O xerme do Homo Sapiens Social trae unha mutación pouco prodigada ata o de agora, atopada en individuos illados, o xen definido polos antropólogos como o de “nacín pola cona da miña nai sen deber nada nin a deus nin o goberno”, e mais outra malformación cromosómica que está definida polo ámeto centífico como “Respeto”.

Unha vez decodificada a cadea xenómica da especie xerminante, descubrese que ten unha suma capacidade adaptativa, e ten capacidade para brotar (cando menos brotar) en lugares distantes, onde sen dúbida agochabanse as sementes, heteroxeneos en clima e propiedades edáficas. Parece resistir ben os glifosatos policiais e ten un alto grao de autorganización a hora de defender ós conxeneres propios da súa especie.

http://dibujando.net/files/fs/p/i/2012/16/gaia_22105.jpg
Os modelos computerizados indican que poderanse organizar redes sociais complexas baseadas na equidade e igualdade de principios. Con algunhas variables predefinidas por centíficos galegos amosan unha notable capacidade de manter o entorno equilibrado de xeito que suas demandas non superen as ofertas do mercado natural. Parece ser, según confirman dende a Universidade de Ver quelei, que levan gravado a lume o xen do respeto animal, e que por elo, tendo en conta que son animais sociais, entenden que a vida é unha característica propia do resto dos seres, cos cales sintense identificados en virtude de estar infectados pola mesma enfermedade, que necesariamente provoca -antes ou logo- a morte, as veces tras longos períodos de tempo de sufrimento.

Certos teóricos vaticinan que teñen a capacidade de colonizar axentes patóxenos e illalos, impedindolles a continuación de práxes tóxicas para o seu entorno, trocandoos en inofensivos, ainda que certas correntes indican que ostentan determiñados alelos negativos que permitenlles exterminar ós seus nemigos por omisión.

Compre ver, e seguir atentamente, a evolución do Homo Sapiens Social. Se a nova especie non fica como axente mutante endémico e decide colonizar o planeta, ben por xenética ou por cuestión de inxeniería neuronal-global, cicais o planeta Terra deixe de selo e troque en Gaia.

Sería bon ver, como os índices abstractos de Productos Interiores Brutos e Valor Engadido, mutan en Aportacións ós Valores Sociais, Indice da Recuperación de Biodiversidade ou Calidade de Integración Biosférica.

Sería bon ver que o Renacemento é agora, e ser partícipes.



Bandallo 20111004


Creative Commons License
Homo sapìens Social by Manuel Freiría Figueiras is licensed under a Creative Commons Attribution-NoDerivs 3.0 Unported License.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...