Páginas

AdSense

Agricultura Ecolóxica 100. (Introducción)

Introducción:
Cava ben, bota basura e cagate nos libros de agricultura.”

Cada día mais de moda e mais regulada, a agricultura sin químicos comprelle unha achega dende o punto de vista individual. “ Ainda que vaias labrar debes saber cultivar” dí o refrán.... porque non debemos esquecer, ou mellor, debemos recordar, que a os ciclos biolóxicos deste delicioso Planeta Auga que habitamos, parten da terra e das relacións a baixo nivel (bacteriano) que veñen ocurrindo no chan, que é os sustrato para as moviles plantas, que son alimento para os animais que morren voltando a terra e fertilizandoa; todo elo sustentado, certo é, pola enerxía mais barata linda e agradable que podemos atopar no noso universo cercano: A carga fotónica da Luz Solar; e é de ahí de onde proven a alimentación dos humanos, de forma directa -vexetais- como indirecta -gandeiría, que alimentase de vexetais.

Dende que a humanidade adicase a fixarse e ter como obxectivo básico eses papeliños que levamos no peto, que teñen impresos números e están asinados polo director de un banco central, tendemos a esquecernos de onde proven o noso sustento. Efectivamente os papeliños non se comen... e ainda que son moi altos en fibra, seguro que non son de boa dixestión.
Un humano acadará sua condición plena a partires do intre no cal sexa capaz de extraer seu alimento do chan, sexan cales sexan as condicións nas que este se atope, e a partires de ese intre, estará moito mais perto da libertade individual e da independencia de unha sociedade que ten esquecidos os mais básicos principios de solidaridade cos seus semellantes e o entorno que nos sustenta.

E pois a intención de este manual ou cursiño, achegarnos os conceptos básicos das relacións dos nosos alimentos co seu entorno, comprender un pouco mais as interaccións entre os seres vivos, e tamén, como non, ser capaces de tirarlle productividade a eses pequenos anacos sollosos que temos nas nosas vivendas, e poder tomar, ainda que sexa de cando en vez, productos saidos da terra cultivados coas nosas propias mans.

Practicando agricultura seremos mais cultos, estaremos mais relaxados, estaremos mellor alimentados... e poderemos fardar cos nosos veciños de tomates e outras legumes de sabores xa esquecidos.

Animemonos pois.
A por elo.!!!

Bibliografía: Joaquín Araujo: CULTIVAR LA TIERRA. I.S.B.N: 84-85337-47-6
Tony Biggs: VEGETABLES. I.S.B.N: 84-7583-215-6
Josep María Vallés: EL HUERTO URBANO. I.S.B.N: 978-84-7628-507-7
Albín Michel: SAVOIR REVIVRE. I.S.B.N: 84-85403-23-1

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...