Páginas

AdSense

Agricultura ecolóxica. ¿qué é?


¿Que é a agricultura?

Denominase agricultura, do latín agri (campo) e cultura (cultivo) é o conxunto de técnicas, procedementos e coñecementos para cultivar a terra, e o mesmo tempo, tamén denominase de este xeito á parte do sector primario que adicase a este tipo de traballo.
No concepto agricultura agrupanse os diferentes traballos de tratamentos do chan e do cultivo de vexetais. Abrangue todo o conxunto de accións humanas que directa ou indirectamente transforman o meido ambente natural, co fin de facelo mais apto para o crecemento do sementado.

Bibliografía:


¿Que é a ecoloxía?

Determiña o edafólogo Ramón Margaleff no seu tratado Ecoloxía (1) que tal termo viu sendo acuñado por o biólogo alemán Ernst H. Haeckel no ano 1869, defiindoa como o estudo das relacións de un organismo co seu ámeto -orgánico ou inorgánico-, en particular o estudo das relacións de tipo positivo ou amistoso e de tipo negativo (enemigos) coas plantas e animais con quen convive.
Obviamente este termo foi derivando pouco a pouco hacia un concepto moito mais xeral e inespecífico, sendo hoxe cicais mais entendido como aquel tipo de actividades respetuosas co medio ambente, e aproveitado, todo sexa dito pola mercadotécnia para “vender” productos menos agresivos co medio que os seus predecesores, cicais sen entrar a fondear na veracidade de tales afirmacións, como poden ser os autos “ecolóxicos” ou os centos de productos “eco” que hoxe podemos atopar á venda.
Outra definición que intrinsecamente vimos relacionando coa ecoloxía a día de hoxe a regla das 3R (Reducir, Reutilizar, Reciclar).
Podemos ver pois que en xeral, cando falemos de ecoloxía o concepto ben abarcando aquelas cuestións que implican un compromiso con un menor impacto ambiental e un menor uso dos recursos perecedeiros ou limitados.
Bibliografía:
(1)Ecoloxía. Ramón Margalef. Ed Omega. ISBN: 84-282-0405-5

¿Qué é ou debería ser a agricultura ecolóxica?


Para falar de agricultura ecolóxica como tal, termo avalado polas normas da CEE, compre referirse ós concicionantes específicos da lexislación, xa que “agricultura ecolóxica” é un termo protexido, e non pode ser utilizado polo tanto para productos “bio”, “verdes”, “caseiros”, “campeiros” etc.

Polo tanto, para falar de productos de AGRICULTURA ECOLÓXICA debemos sempre referirnos a productos certificados según o Regulamento da Comisión (CE) nº 889/2008 de 5 de Septembro do 2008 (Reglamento de la Comisión (CE) No 889/2008 del 5 de septiembre de 2008) sobre a producción agrícola e a sua indicación nos posteriores tratamentos e modificacións.

Para que unha explotación agrícola poida ser inscrita nos consellos reguladores da Agricultura Ecolóxica, deberán cando menos cumplir os seguintes requisitos: (Art. 12 do Regulamento CEE Nº 834/2007)
.- A producción recurrirá a practicas de labranza e cultivo que manteñan ou incrementen a materia orgánica do chan, reforcen sua estabilidade e biodiversidade edáficas, e preveñan a compactación e erosión do chan.
.- Non se utilizarán fertilizantes minerais nitroxenados.
.- Todas as técnicas de producción utilizadas previrán ou minimizarán calqueira contribución á contaminación do medio ambente.

.- A prevención de danos causados por plagas, enfermedades e malas herbas basearase fundamentalmente na protección dos enimigos naturais, a elección de especies e variedades, a rotación de cultivos, as técnicas de cultivo e procesos térmicos.

Todo isto, efectivamente fai que os productos vexetais sexan de unha notable calidade organoléptica, mellor ainda si non están cultivados baixo plástico, pero ainda queda unha cuestión a determiñar arredor da incidencia no medio, que é o camiño percorrido dende o lugar de producción ata o de consumo, coa incidencia ambental que elo supón e o uso intensivo de combustibles fósiles para o traslado das mercadorías. Neste manual, consideraremos como ecolóxicos os productos que cumplan cando menos os puntos relacionados nos epígrafes anteriores, aqueles que son producidos a menos de 100 km do lugar de consumo.


Bibliografía:
Regulamento da Comisión (CE) nº 889/2008 de 5 de Septembro do 2008
Regulamento CEE Nº 834/2007

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...