Páginas

AdSense

Agricultura Ecolóxica: O Sustrato


Terra (conceptos básicos de edafoloxía)


O chan é o lugar físico onde se asentan as actividades humanas. Alí pousamos nosos pes, cosntruimos nosas casas e cultivamos nosa comida. Dende o punto de vista agroecolóxico o chan é un ecosistema composto de unha parte mineral, e outra animal macro e microscópica, e tamén auga e ar. Nel radica o funcionamento do sistema agrario, xa que no chan habitan os descomponedores: as bacterias que se encargan de trocar a materia orgánica en elementos asimilables polas plantas. Este sistema alimentase de enerxía solar, que é en definitiva o motor da vida neste planeta.
Nunha fracción de chan habitan mllóns e millóns de microorganismos realizando seu propio traballo de degradación da materia, depredación e diferenes relacións ecolóxicas entre eles.
Esta materia descomposta está feita de diferentes elementos químicos, os cales son de maior ou menor importancia para as plantas en función das suas necesidades específicas. Os mais importantes elementos de alimentación dos vexetais son o carbono, o hidóxeno e o osixeno, que son adquiridos polas plantas a partires do ar e da auga.
Para obter plantas fortes e sanas, compre conquerir un bo sistema radicular, para o cal é necesario ter un chan adecuado, nutrido e con capacidade de aireación e drenaxe.

Estructura do chan
Enténdese a estrutura dun solo a distribución ou diferentes proporcións que presentan, os distintos tamaños das partículas sólidas que o forman, e son:
  • Materiais finos, (arxilas e limos), de gran abundancia en relación ao seu volume, o que os confire unha serie de propiedades específicas, como:
    • Cohesión.
    • Adherencia.
    • Absorción de auga.
    • Retención de auga.
  • Materiais medios, formados por tamaños area.
  • Materiais grosos, entre os que se atopan fragmentos da rocha nai, aínda sen degradar, de tamaño variable.
Os compoñentes sólidos, non quedan soltos e dispersos, senón máis ou menos aglutinados polo humus e os complexos órgano-minerais, creando unhas divisións verticais denominadas horizontes do solo.
A evolución natural do solo produce unha estrutura vertical "estratificada" (non no sentido que o termo ten en xeoloxía) á que se coñece como perfil. As capas que se observan chámanse horizontes e a súa diferenciación débese tanto á súa dinámica interna como ao transporte vertical.
O transporte vertical ten dúas dimensións con distinta influencia segundo os solos. A lixiviación, ou lavado, prodúcea a auga que se infiltra e penetra verticalmente desde a superficie, arrastrando sustancias que se depositan sobre todo por absorción. A outra dimensión é o ascenso vertical, por capilaridade, importante sobre todo nos climas onde alternan estacións húmidas con estacións secas.
Chámase rocha nai á que proporciona a súa matriz mineral ao solo. Distínguense solos autóctonos, que se asentan sobre a súa rocha nai, o que representa a situación máis común, e solos alóctonos, formados cunha matriz mineral achegada desde outro lugar polos procesos xeolóxicos de transporte.

Tipos de chan
En función da porcentaxe de materiais finos e medios do que esté cosntituida a terra, podemos falar de terreos arxilosos, (constituidos por materiais moi finos) areosos, (alta presencia de materiais medios) e francos (textura intermedia) . Os terreos arxilosos podense correxir mediante a adición de area, e os areosos adicionando grandes cantidades de materia orgánica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...