Páginas

AdSense

Agricultura ecolóxica. Tarefas para Xullo


Xullo:

O Rego é de máxima importancia en xullo. Usa aspersión para o cespede; goteo para os arbustos anuais e vivaces, setos e árbores e regadeira ou inmersión (dependendo) para algunhas plantas de inerior.
.- Aboar as plantas de flor.
Están a pleno rendemento, de xeito que compriralles un aboado rico en fósforo (P) e potasio (K) e baixo en nitróxeno(N)-
.- Controlar as pragas e os fungos: O control de plagas é un elemento clave. No posible non empregues funxicidas de amplo espectro, se acaso sistémicos e aptos para a agricultura ecolóxica.
.- Eliminar as malas herbas: A escarda de malas herbas non se debe descuidar. Normalmente non será necesario un herbicida, senon que abondará con un acolchado vexetal que mullirá a terra, manterá a humedade e ralentizará o crecemento das adventicias.
Tomates en Julio.

Sementeiras:
Acelga, leituga, nabos, rabanitos.

Trasplantar:
Repolos de inverno

Recolleita:
Amorodos, cohombros, pementos de padrón,tomates, xudías pintas.

Outras tarefas rutinarias:

Apio: Empezar a aporcar.
Escarolas: Empezar a blanquealas atandoas con rafia.
Xudías: Despuntar as xemas vexetativas das xudías pintas cando sobrepasen o tutorado.


Bibliografía:
www.verdeesvida.es
Los secretos del huerto. Michaell Beazley. ISBN 84-7583-215-6

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...