Páginas

AdSense

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NO CASO DE INTERVENCIÓN POLICIAL.


PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NO CASO DE INTERVENCIÓN POLICIAL.
1. Introducción.
Este protocolo realizase dada a inseguridade xurídica á cal estamos expostos cando dispoñemonos a realizar actividades que levamos a cabo diariamente, Por falla de amparo legal vemonos obrigados a desenvolver este protocolo.
1.1 ¿ Cómo debe empregarse este protocolo?
Este protocolo debe empregarse unicamente nos casos nos que se detallan. As accións que levarán a cabo serán comandadas polos responsables de actuación, que poderían modificalas según o contexto e os sucesos nos que vexanse envoltos.
Sempre pode estar suxeto a pequenas modificacións tanto no contido como na foram, si a Xunta Directiva así o dispón. Nel detallanse as accións a levar a cabo polos responsables da actuación nos supostos descritos.
A tenencia do canabo é entendida pola administración española como indicio delictivo, polo tanto a policía tomará medias que en moitos casos son desproporcionadas.
Plantexaranse tres supostos diferentes nos que a asociación pode ser intervida e un protocolo de emerxencia, ademais das alegacións que deben facerse, así como os contactos e pasos imprescindibles que debense levar a cabo ó por en marcha o procedemento.
2. Intervención en  transporte.
Instruccións e consellos previos á intervención:
O conductor debería facer unha chamada ó responsable da asociación, xusto antes de sair, e nela debese decir que xa se sae e por que ruta se fará (r1, r2, r3…). O responsable debe saber canto tempo tardarase por a ruta escollida, así que non llo debe preguntar ó chofer polo teléfone.
Compre facer  as rotas dos emprazamentos e adxuntalas á documentación de cada cultivo, que deberá ter unha ficha física e dixital. En tal ficha porase o que ten que ver co cultivo, a seguridade do emprazamento, copia co historial dos contratos de traballo, nóminas, gastos e todo aquilo que teña que ver con dito emprazamento.
É importante facer os transportes sempre en vehiculo que debe pertencer á asociación, e o material debe ubicarse no interior do maleteiro de este. O vehiculo debe contar coa súa documentación en regla e coa documentación protocolaria para o transporte de dito material, que son o dossier de transporte, dsipoñible na asociación, e que contén os seguintes documentos:
NIF da asociación.
Estatutos da asociación.
Documento alegando que o cánabo pertnece á asociación, quen o está transportandoe, con nome e DI.
Contrato de traballo do transportista e tres últimas nóminas, no caso de ser un traballador, senon o carnet de socio.
Listado de socios que van ser abastecidos con ese material, co seu DI correspondente..
Contrato de confdencialidade e protección de datos.
O transporte da planta, ben sexa sua flor ou derivados, deben transportarse nas condicións adecuadas, é decir: As plantas envasadas nun recipiente opaco; a flor e os seus derivados, envasados ó valeiro e tapados, para evitar ó máximo o desprendemento de fedores ou sua visualización. É aconsellable  que o vehículo esté limpo, e levar algún neutralizador de cheiros ou ambientador.                                                                                  O  traxecto debe ser realizado sin fumar, coas ventanillas pechadas e o airo acondicionado posto. O chofer debe levar o auto sen sobresaltos e cumplindo estrictamente as normas de circulación para evitar que nos paren ou nos rouben.
Os transportes deben efectuarse dentro do horario da asociación e baixo ningún concepto deben facerse pola noite, polas mañás moi cedo, logo de comer ou os fins de semana.
No caso de superar os cinco kg de material, o vehículo transportista deberá ir acompañado de un segundo vehiculo que o  predecerá en sentido da marcha, co cal estará conectado vía telefónica por medio de un dispositivo mans libres. O conductor de este vehiculo irá informando ó transportista do que ocurre na estrada. O chofer do coche acompañante ten que ser coñecedor do protocolo e saber actuar no caso de ter calqueira incidente e chamar á asociación para que se poña en contacto coa abogada, para que se persone no lugar dos feitos o antes posible.
Marcar rutas seguras á asociación dende cada cultivo, mínimo duas rutas establecidas para facer os transportes, para que no caso de incidente, poidase aplicar a segunda ruta e establecer o protocolo con seguridade.  Ademais de as horas con menos probabilidades de incidencia compre ter en conta tamén factores especiais do día, como algún acontecemento importante, partido de futbol chamativo… etc etc. Xa sabedes.
No caso de imprevisto, intentar evitalo ainda que debase cambiar de rumbo, aplicar entón a segunda ruta definida, sempre con precaución, seguindo as normas de circulación e sin chamar a atención. No caso de non poder evitalo, o copiloto chama inmediatamente á asociación indicando o lugar exacto onde se atopa e o material que leva, antes de que os axentes indiquenche que baixes a xaneliña.
No caso de que na asociación ó cabo de 15 minutos non se recibira unha segunda chamada aclarando que foi unha falsa alarma é evidente que están detidos, polo tanto compre atopalos nas comisarías mais cercanas do control.e enviar á abogada.
Durante a iNTERVENCIÓN
Si non nos queda mais remedio que pararnos, deberemos actuar con normalidade e seguir las instruccións dos axentes; se todo está ben nos darán paso para continuar a marcha. É moi probable que detecten un cheiro e rexistren o vehiculo.
Antes de abrir o maleteiro informaraselle ó axente do que vai a atopar: Varias caixas e bolsas; compre recordar que para ó policía estamos cometendo un delito que é o de tenencia de canabo na vía pública, e, ante tal caso o protocolo a seguir polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado Español é o de incautar a sustancia, deter ó conductor e ós seus acompañantes.
Ainda que en realidade se o producto está ben envasado e siguese este protocolo non se comete delito algún, xa que a sustancia está debidamente controlada e non na vía pública. Debe facerse entrega da documentación si empezan a facer preguntas, non se lles debe decir exactamente o que portamos, simplemente estamos facendo un transporte dende o punto A ó punto B, e ante calqueira pregunta debemos indicar o teléfone da responsable da asociación.
Argumentación por parte dos ocupantes do vehiculo durante a detención, si ocurriu: É decir, nos leen o dereito e nos meten na cadea.
O primeiro que hay que deixar claro é que o que queira que portedes non é voso, senon de un colectivo de usuarios, moitos dos cales empregan o cannabis como medicamento de primeira elección.
O segundo: Que se pertence a unha asociación: Legalidade e funcionamento. (Cultivo colectivo corroborado pola lista de socios incluido no dossier de transporte.)
Indicar a non destrucción da herba decomisada para poder ser peritada por un perito agrónomo.
A aboagada estará presente no interrogatorio da policía pero non pode falarnos, así que cando o policía nos pregunte si queremos declarar, diremos que preferimos facelo diante do xuiz.
Intentar por todos os medios que os axentes de policía permitan facer as respectivas chamadas para poder aclarar a situación antes do traslado ás  dependencias policiais, que son a os seguintes contactos, por lo orde no cal aparecen: Presidente, Abogado, Asociación.
No caso de detención:
Durante o traslado ás dependencias policiais e unha vez alí non se deben facer declaracións ante a policía, somente ante o xuiz, xa que na comisaría non podemos falar coa avogada ata que nos neguemos a declarar.Se nos deteñen deben leernos nosos dereitos e debemos asinar unha folla conforme os temos entendido, nese momento nos pedirán un contacto, que deberá ser a persoa que chamemos antes de sair.
3. Intervención dun cultivo:
Instruccións e consellos previos á intervención:
O cultivo debe emplazarse nun lugar discreto, que non esté a vista de terceiros, para evitar roubos e incautacións. Xa atopado o lugar onde se vai plantar debe identificarse cos carteis correspondentes que teñen que estar ubicados en distintos puntos do cultivo. Nestes carteis aparecerán os datos e o logotipo da asociación, incluindo unha lista de socios que avalan dito cultivo colectivo co seu consumo. E estando acorde co protocolo de cultivos, coa ficha de cultivo e todos os requisitos necesarios. Todos os cultivadores e traballadores da asociación deber ter lido o protocolo de cultivos.
-Carteles de 50 cm x 1 metro, logo pegatina indicando o cultivo, logo da FAC, ENCOD e datos da asociación.
-Carteis tamaño folio personalizados para cada cultivo. Aconsellanse oito por invernadeiro ou cultivo interior.
Cada cultivo ten que contar coa documentación para poder argumentar a actividade. Este dossier debe estar fotocopiado na asociación e esta documentación de constar de:
NIF da asociación.
Estatutos da asociación.
Guía de clubes.
Lista de socios ós que pertence o cultivo co DI.
Contrato de arrendamento ou de cesión do inmoble á asociación.
Contrato das persoas que se atopen no cultivo e ou convienios de colaboración,
Protocolo UNDOC, para o corte de plantas de cannabis.
Sentencias favorables se as houbera.
Copia dlas escrituras da sociedad ou o contrato de alguer no seu defecto.
Dous o tres últimos recibos do alugueiro. É importante non estar só no cultivo, e ter o teléfone a man.
Durante a intervención
Si a policía recibiu unha denuncia por parte de algún veciño, ou eles mesmos percataronse do cultivo, personaranse os axentes na porta, para abrila hay que mirar sempre pola mirilla ou a xanela. Si son axentes da lei compre chamar de inmediato á persoa de contacto para que estea alerta, e si o xardineiro non volve chamar en 15 minutos, informará á Xunta Directiva.Feitas as chamadas pertinentes procederemos a mediar cos axentes, sin abrirlles a porta. Negaraselles a entrada si non traen orde xuedicial, que debemoslle solicitar por debaixo da porta e procederemos a verificala.
Verificación da orde Xudicial
A orde xudicial é unha resolución de un xuiz que autoriza para que se proceda para facer unha dilixencia de investigación. Pideas a policia pola existencia de indicios de delit. Sempre hai que comprobar os seguintes datos:
.- Que xuzgado a emite, en qué condicións tense que facer a entrada (si autorizan a forza ou non, por exemplo) e o número dos axentes que a pediron e van a facer o rexistro que normalmente constan.A dirección e a persoa a que vai dirixiso tamén debe esta correctas.
No caso de que os axentes dispoñan de orden xudicial, reunirase a documentación a amosar e aseguraremonos de que todo está en orde e se lles informará levemente do que van a atopar. Cando se lles deixa pasar amosaraselle a documentación convendoos de que non as incauten ata que chegue o responsable co avogado mais o perito, alegando que as plantas pertencen a un colectivo, sempre coa lista de socios e DI para os cales abastece o cultivo.
É moi probable que ainda estando o cultivo ben documentado, corten e incauten as plantas. En tal caso, o cultivador debería informar ós axentes de como se debe peritar o material incautado amosando o protocolo da UNDOC, facendo constar no acta do secretario xiudicial esta información.
No caso de detención
Cabe a posibilidade de que o cultivador quede arrestado, en tal caso, compre manter a calma e non facer ningunha declaración mais das que cita o protocolo. Calquiera amenaza, provocación ou agresión que efectue a policía, non debe ser respondida, e  debe ser comunicada á nosa avogada en canto nos quedemos con ela a solas.
Importante non declarar en comisaría. Declarar ou non declarar é o mesmo a efecto legais, pero coa avogada so falaremos despois de declarar ou negarnos a elo.
Se non se pudo informar á asociación, sempre nos queda noso dereito a que a policía contacte con quen desexemos. O mais efectivo é contactar co avogado ou o presidente. No caso de querer informar a outra persoa, esta debe coñecer o protocolo e debe informar en canto reciba a chamada ós membros da Xunta Directiva da asociación e a avogada.
4. Intervención na sede social:
Instrucción e consellos previos a intervención:
Ante todo levar o bo funcionamento da asociación comprindo cos requisitos estipulados no informe Muñoz y Soto e a xurisprudencia creada a posteriori, en principio seguindo as recomendacións non debería haber problema chegado o caso.
Evitar cheiros nas comunidades veciñais ou locais colindantes para evitar denuncias dos veciños. Para elo é importante ter unha ventilación adecuada. Si houbera revuelo, o recomendable é facer unha presentación oficial da asociación ante a comunidade ou a empresa en cuestión.
Promover e concienciar ós socios da importancia da discrección para o mantemento do bo funcionamento da asociación
O cannabo debe atoparse en todo momento gardado baixo chave, e todo nun mesmo lugar, cunha copia do dossier da asociación.
Os socios que se atopen na asociación deben estar en todo mometno documentados.
O grupo de socios activistas debe coñecer este protocolo.
Durante a intervención
a. Si estamos no local
Si chama a policía á porta, compore contactar coa avogada e con algún dos membros da xunta directiva que non se atopen no local antes de abrir a porta. Logo atendelos con normalidade sen deixalos pasar. Se non teñen orde xudicial invitalos amablemente a que marchen, e chamar ós contacots pertinentes (Avogado, Presidente, Activistas, policía) para coñecer os moitvos do intento de intervención, por si se pode facer algo o respecto, por si solo foi unha inspección rutinaria….
Si teñen orde xudicial debemos verificar que a orde é correcta, entón deixarlles pasar  amosandolles o dossier da asociación, que deberá contar dos seguintes documentos:
NIF da asociación.
Estatutos da asociación.
Guía de clubs.
Contrato de arrendamento.
As persoas responsables que se atopen no local deben alegar que eles son os responsables, o resto si fai falla, dirán que son socias e amosarán a documentación e como socios non teñen porque ser detidos.
Debese aproveitar este intre de confusión para que a persoa responsable da administración delle o disco duro a un socio que o entregará ós responsables que se atopen na reunión de caracter urxente que aparece no  protocolo de emerxencia. O grupo de socios que se atoban no local debe comunicar ó resto da equipa (Xunta Directiva/Traballadoras) o ocurrido para que estes non acudan ás instalacións, e Xuntaranse no Bar Paco, e si estivera pechado na casa do Pepe o Pisas.
b. Si non estamos no local
No momento en que entren, salta a alarma. A persoa que verifique a alarma debe dirixirse á asociación e comprobar o ocurrido. No caso de ser unha intervención policial non entrar. Entón deberá dirixirse a un lugar seguro para facer as chamadas pertinentes e informar á avogadas, á Xunda Directiva, ás traballadoras e ás cultivadoras que porán en marcha o protocolo de emerxencia..
5. Protocolo en caso de detención:
O mais importante cando te deteñen é manter a calma e non facer ningunha declaración ata que chegue a avogadas, ou sexa non falar, quiexarse, comentar ou decir calqueira cousas. Danche a oportunidade de que eles se poñan en contacto con algunha persoa para que saiba onde estás, polo que é importante ter memorizado un número de teléfono ó que chamar no caso de urxencia, alguén de confianza que sempre esté dispoñible ou no seu defecto teña buzón de voz. Os datos da persoa de contacto de cada un xa sabedes quenes son. Os da vosa asociación.
A persoa que colle o teléfono debe tomar unha serie de datos imprescindibles: En que comisaría está e que pasou. A persoa que reciba a chamada debe ser coñecedora do protocolo e porase en contacto coa Xunta Directiva para informarlles do opcurrido. Compre poñerse en contacto de contado coa avogada para que se desplace onda o presidente, si non fora el mesmo o detido, para ir ambos á comisaría onde ese atopan arrestados os implicados.
Avisar á Xunta Directiva, ós traballadores e ás socias activistas do ocurrido e convocar reunión de urxencia para determiñar, xunto coa avogada, as actuacións legais  e sociais a levar a cabo. No caso de que quedaran arrestados a Xunta Directiva e os seus Traballadorees, recurrirase ós socios activistas voluntarios que chamarán ó avogado.
6. Protocolo de emerxencia
O Protocolo de Emerxencia activarase no caso de arresto da Xunta Directiva pola actividade, é decir, no caso de que entren no local, o precinten e deteñan ós responsables.
7. Argumentos e declaracións.
Mentras non chegue a avogada o único que hai qu facer é:
1. Presentarte adxuntando o dossier (o do transporte ou o do cultivo colectivo, según a ocasión.):
Debes presentarte como traballador ou socio colaborador da asociación, entregar o dossier de cultivo ou transporte. Non
decir nada que non sexa mais que isto é de unha asociación e que deben chamar ós responsables que explicarán que é todo aquilo.
2. Facer valer nosos dereitos e os do colectivo.
Relaxarnos, pensar friamente que nos temos nosos dereitos e facelos valer, como o dereito a non declarar, dereito a estar detidos como máximo 72 horas, dereito a non decir nada na nosa contra, dereito a falar coa nosa avogada a solas (despois de negarnos a declarar ante a policía ou despois de declarar) dereito a un trato digno e respetuosos, dereito a beber e a comer.
3. Non estamos a facer nada ilegal, fraudulento, delictivo ou negativo para a sociedade.
Pensar fríamente e relativizade os feitos, os responsables legais son os directivos  da asociación; por moito que nos deteñan quen acabará resolvendo si debemos estar imputados ou non e un xuiz, así como que vai condearnos ou absolvernos.Polo tanto e a tenor dos feitos non nos poden encarcelar por eses feitos, primeiro, porque non hai delito, e segundo porque si o hubera os traballadores non son responsables do mesmo.
4. El cannabis é dos socios da Asociación
A propiedade do canabo é de cada un dos socios da asociación,: No caso de haber listados co DI dos propietarios de cada planta, que quede reflexado na acta xudicial. En ningúnncaso nos responsabilizaremos da colleita, os actos de cultivo non son para lucro propio ainda que nos paguen un sueldo por elo, somos empregados con responsabilidades verso a asociación, nnon ante a xusticia, porque somos uns “mandados” ¿Quén manda en nos? A Asemblea Xeral da Asociación.
5.Indicarlle ós axentes que pasos seguir para peritar correctamente a incautación.
Unicamente hai que indicarlles ós axentes, no caso de que corten as plantas e non as periten correctamente, que se lean o informe da UNDOC. Facer que isto quede reflexado na acta xudicial.
Traducción A.V.E. María

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...